14.06.2003
Pub Kiev, Viveiro, sobre a unha e media da mañá suben ao escenario, catro amigos chamados DoGod, para durante a hora seguinte facernos disfrutar coma ananos. Si señores, algo máis dunha hora na que a xente que alí estaba, entre os que me atopaba eu, demos gracias a un "Deus" porque sigan existindo grupos de música así, e que sobre todo que siga existindo DoGod.
Sorprendente foi o comezo do concerto, unha maravillosa introducción, coa famosa banda sonora da serie Magnun PI, ca que aproveitaron para presentar a todo o grupo, a batería JuanK, ao baixo Jose, a guitarra Blanky e de "cantante" Longue... |
Volve á páxina
principal.
...seguiu o concerto cunhas versións do grupo punk Ramones, como foron, Poison heart, I believe in miracles, Sheena is a punk rocker,... Paranoid dos Black Sabbath tamén tivo un oco no repertorio de DoGod, así como algunha de Iron Maiden, pero non faltaron tampouco temas propios como poden ser Sin razón, Mil horas, Esta ciudad (non é a canción de RvR :)) e Los clavos de mi cruz, con esta última remataron o concerto, un gran concerto.
Gracias DoGod.
|
 |