17.03.2003
Impresionante. Así pódese definir o concerto que nos ofreceu Carlos e a súa banda no Auditorio de Lalín (Pontevedra) o pasado venres 14.
Comezou o mesmo saindo el so ao escenario, e co primeiro que nos deleitou foi cun maravilloso Fuera de lugar, guitarra acústica en man, e maravillandonos coa súa maneira de toca-la.
Seguiu deleitándonos con temas do seu repertorio, tanto do novo disco, 8:30 a.m., coma temas emblemáticos como poden ser Malvarrosa affair, Lisa y Fran, Ella es y será todo para mí, Besaré el suelo, etc. para Esta noche tengo más de lo normal, chamou ao escenario ao seu pianista Pau Chafer, e con Malavarrosa affais, sairon ao escenario, o baixista Iñigo Coldaracena e o batería Ángel Celada, despois deles saiu ao saxo Josvi Muñoz...
|
Volve á páxina
principal.
...seguiu mezclando repertorio, tocando tanto Asustanto el huracán, Ay amor, Gargantas y desfiladeros ou Eso de saber, como as anteriormente citadas, "rematando" a súa actuación coa impresionante Mi rendición, con cal Carlos conseguiu que os asistentes nos levantásemos das nosas butacas.
Con esa canción despediuse Carlos, pero ante a insistencia do publico tivo que voltar a sair ao escenario e seguir tocando ata repetir 3 bises, pero desta volta guitarra electrica en man, e soando cancions como poden ser Donde está el final, San Pedro, No va más, Eldorado, etc. e así ata 3 horas de concerto.
Despois do mesmo Carlos non tivo problemas en compartir unhas palabras entre que nos quixemos achegar ata o seu camerino.
Despois de ver, escoitar e sentir todo o que vin, escoitei e sentin no concerto, so me queda por decirlle a Carlos e a súa banda.
Gracias.
|
 |